A Laracha inaugura a exposición fotográfica “Terra de Xeo” de Antón Varela
O proxecto do fotógrafo caionés Antón Varela titulado Terra de xeo achegará Islandia ao Concello da Laracha durante este Nadal. O centro sociocultural de Paiosaco acollerá unha mostra de fermosas imaxes deste país do norte de Europa centradas en elementos como a auga, o xeo, o mar, a paisaxe, os camiños e os habitantes.
A inauguración da exposición será este venres (20 de decembro) a partir das 19.00 horas no centro sociocultural de Paiosaco.
A mostra, incluída no programa de Nadal organizado polo Concello da Laracha, poderase visitar gratuitamente todos os días (de luns a domingo) ata o 6 de xaneiro en horario de 16.00 a 20.00 horas.











