publicidade hoxe

A Laracha desenvolve un plan municipal de remarcado das zonas amarelas nos tres cascos urbanos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha comezou a desenvolver un plan dirixido a mellorar a seguridade viaria remarcando as zonas amarelas nas beirarrúas dos tres núcleos urbanos.

Operarios municipais están a realizar estes traballos actualmente no casco urbano da Laracha e posteriormente acometerán as mesmas labores en Paiosaco e en Caión.

Reforzar a sinalización para advertir da prohibición do estacionamento de vehículos en determinadas zonas é a finalidade esencial das actuacións que se están a desenvolver e que afectan, principalmente, aos vaos, paradas de autobuses e ás interseccións, neste último caso co obxecto de facilitar a visibilidade dos condutores á hora de incorporarse ás vías.

Durante o pasado verán o Concello da Laracha xa desenvolvera outro programa para mellorar a sinalización horizontal nas tres vilas que existen no municipio, incluíndose, entre outras actuacións, o repintado de numerosos pasos para peóns e zonas de estacionamento.

3 de decembro de 2013 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.