A igrexa parroquial de Ordes exhibe un Belén de máis de 40 metros cuadrados

Belén na igrexa parroquial de Ordes
A igrexa parroquial de Santa María de Ordes exhibe eses días un Belén de máis de 40 metros cuadrados composto por máis de 100 figuras, das cales preto de 60 teñen movemento. O Belén conta ademais con saltos de auga e muíños en movemento e luz propia. Por todo elo son moitos os veciños que se achegan a diario ata o templo para contemplar esta composición, a cal foi realizada por moitos dos feligreses. Trátase dunha tradición que se mantén dende hai máis de 20 anos e que ten atraído ata a vila ordense a moitos visitantes, como o arcebispo de Santiago monseñor Julián Barrio hai un ano.











