publicidade hoxe

A igrexa de Veracruz no Carballiño acolle o concerto do Coro de Cámara Música Viva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Carballiño
A-
A+

O vindeiro venres, 6 de decembro, ás 19:30 horas o coro de cámara Música Viva ofrecerá un concerto na igrexa da Veracruz do Carballiño. Este concerto enmárcase dentro das actividades que o citado coro ten programadas en diferentes templos, igrexas e auditorios de toda Galicia.

As persoas que asistan a este concerto poderán gozar dun variado repertorio que mesturará distintos estilos, épocas e compositores. O concerto comezará con pezas relixiosas e panxoliñas do século XVI para continuar con obras de compositores latinoamericanos, seguido de obras populares do folclore galego, finalizando con pezas máis actuais e representativas da música pop e de bandas sonoras de películas moi coñecidas.

Na actualidade este coro, que conta con 4 anos de existencia, está composto por 12 cantantes, dirixidos por Sandra Nasher Hernández.

4 de decembro de 2013 | 11:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.