publicidade hoxe

A guía de Viños e Adegas de Galicia 2014 outorga 63 medallas a viños da D.O. Ribeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseRibadavia
A-
A+

Un total de 63 viños da D.O. Ribeiro foron galardoados cunha medalla pola Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2014 de Luis López Paadín, dos cales 17 obtiveron un Gran Ouro, 32 medalla de Ouro e 14 percibiron galardón de Prata.

A presentación da publicación tivo lugar da man do seu director, Luis López Paadín; arroupado polo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez, así como por representantes das adegas premiadas con algún dos galardóns.

Galardón para a publicación

A Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2013, vén de recibir o  premio GourmandWorldCookbookAwards á mellor Guía de España na categoría “BestWineTourismBook” e representará a España na final que se celebrará no “GourmandWorldCookbookAwards”, en Pekín, durante a  “BeijingCookbookFair” en maio de 2014.

Fundados en 1995 os GourmandWorldCookbooksAwards están considerados como o máis importante certame mundial de libros sobre gastronomía e viño, que recoñecen a produción editorial gastronómica de todo o mundo, recompensando cada ano aos mellores libros de cociña e de viño.  Anualmente compiten uns  8.000 libros, de máis de 150 países e en 40 linguas diferentes.

17 de decembro de 2013 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.