A Garda Civil recupera o cadáver dunha persoa na dársena da Laxe, en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosVigo
A-
A+
E.P.

A Garda Civil de Vigo recuperou na mañá deste luns o cadáver dunha persoa que flotaba na dársena da Laxe, na cidade olívica.

Segundo informou Salvamento Marítimo a Europa Press, sobre as 12.20 horas deste luns o 112 recibiu a chamada dun particular que informaba de que vira o corpo dunha persoa á boia na dársena da Laxe.

Así, aínda que Salvamento Marítimo mobilizou a embarcación ‘Salvamar Mirach’, finalmente cancelouse a súa intervención tras pór os feitos en coñecemento da Garda Civil, que se encargou de recuperar o corpo.

16 de decembro de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.