publicidade hoxe

A galega Lúa Piñeiro caeu no primeiro combate do Grand Prix de Manchester

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Lúa no combate

Lúa no combate

A galega Lúa Piñeiro (-67 quilogramos) caeu na primeira rolda do Grand Prix, que se está a celebrar en Manchester estes días (do 13 ao 15 de decembro). Nesta competición participan so os 32 mellores do ránking mundial dos diferentes pesos olímpicos, polo que era unha proba especialmente complicada para Lúa pero tamén a máis especial. Desgraciadamente, no primeiro combate tivo que enfrontarse a unha rival durísima, a rusa Anastasia Baryshnikova e perdeu de forma clara (8-0).

Lúa non se atopou cómoda sobre o tapiz, xa que esvaraba moito e enseguida a rusa logrou alcanzala co pe na cabeza o que lle deu unha importante vantaxe (3-0). A partir deste momento a deportista galega veuse obrigada a arriscar e todo foi moito máis sinxelo para a campioa rusa. Ao final, 8-0 para Baryshnikova.

Anastasia Baryshnikova (8ª no ránking mundial do seu peso) ten un gran curriculum: A rusa foi campioa de Europa sub 21 no ano 2009 en Vigo; bronce no Mundial sénior 2011 e ouro no Europeo 2012.

14 de decembro de 2013 | 22:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.