A Fundación Celta inicia a campaña “Sangue Celeste”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Vigo ▼
A-
A+

A Fundación Celta de Vigo organiza, como cada ano, a campaña de doazón de sangue “Sangue Celeste”, que terá lugar o día 19 de decembro, entre as 9 da mañá e as 21 horas, nas inmediacións do estadio de Balaidos.

A campaña realízase en colaboración con o Centro de Transfusión de Sangue de Galicia, que trasladará dous autobuses habilitados para realizar doazóns. Co fin de mobilizar ao celtismo e demostrar a cara máis solidaria do fútbol, organizouse esta xornada de doazóns nas que ademais se regalarán camisetas, como as que locen os xogadores celestes Yoel e Jonny no cartel promocional, a todos aqueles que acudan a doar (até fin de existencias).

O Centro de Transfusión de Sangue de Galicia é unha Fundación pública, dependente da Consellería da Sanidade, e iniciou as súas actividades en agosto de 1993. Situado no campus universitario de Santiago, fornece compoñentes sanguíneos as 24 horas do día a todos os centros sanitarios da comunidade autónoma e leva varios anos colaborado coa Fundación Celta nesta campaña destinada á afección celeste pero que queda aberta a calquera que desexe colaborar.

9 de decembro de 2013 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.