A Fundación Azkar, un apoio máis para a Cruz Vermella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Onte domingo, coincidindo co partido do primeiro equipo do Azkar Lugo FS, o club e a Fundación Azkar colaboraron con Cruz Vermella en Lugo dentro da campaña da entidade para poder recaudar fondos para a adquisición de kits de apoio social. Deste xeito, membros de Cruz Vermella asistiron ao partido para repartir información a preto desta importante iniciativa e ademais no propio recinto deportivo colocáronse urnas para que o público asistente puidese realizar as súas donacións.

Esta importante acción de Cruz Vermella en Lugo vén motivada como resposta para axudar a paliar os efectos que a crise ten na poboación máis vulnerable. Así está levando a cabo unha serie de accións puntuais como son o reparto de kits de apoio social, que axudan a alixeirar a situación económica das persoas en risco de exclusión.

Os kits de apoio social cobren as necesidades básicas alimenticias, higiénicas e de consumo mínimo das persoas que sofren os efectos da crise.

16 de decembro de 2013 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.