A Fundación Azkar recollerá esta fin de semana alimentos e roupa a favor do Banco de Alimentos de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Azkar Lugo FS e a Fundación Azkar colaboran un ano máis co Banco de Alimentos de Lugo e nestas datas tan importantes como son as do Nadal de cara ao derbi deste venres, as entidades únense para organizar unha recolecta de alimentos non perecederos así como de roupa. Deste xeito o público que asista ao partido poderá colaborar nunha boa causa e así axudar ás familias máis necesitadas.

Desde finais do mes de novembro, as oficinas do club e a Fundación no Centro Deportivo Terra foron un punto de recolleita de alimentos e roupa e agora nesta recta final desta campaña, a mesma trasládase o venres ao Palacio Municipal onde a cidadanía poderá entregar as súas aportacións.

18 de decembro de 2013 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.