A Feira de Nadal de Brión ofrece talleres gratuítos de maquillaxe para nenos e de bálsamo labial para adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

A Feira de Nadal de Brión ofrecerá este sábado, 28 de decembro,  dous obradoiros gratuítos no que poderán participar todos aqueles que se acheguen ata o centro comercial Monte Balado entre as 11:00 e as 14:00 horas. O primeiro dos talleres é o de maquillaxe, que está dirixido a nenos e nenas; mentres que o obradoiro para elaborar bálsamo labial está pensado para os adultos.

A Feira de Nadal de Brión está a reunir todos os sábados deste mes en Brión a unha trintena de postos, que ofrecen todo tipo de produtos: de roupa de festa, xoias, bolsos, carteiras, xoguetes, doces, polvoróns, produtos da horta, contos, adornos de Nadal… Uns postos nos que está aberta a posibilidade de participar conectando coa organización da feira a través do blog (feiradebrion.blogspot.com), e-mail (feiradebrion@gmail.com), Facebook (facebook.com/feiradebrion) ou Twitter (@feiradebrion).

Baixo o lema “Nestas festas, merca en Brión”, a Feira de Brión está a ofrecer non só produtos de interese, senón tamén iniciativas lúdicas que atraian a un maior número de clientes. A última sesión especial de Nadal terá lugar o sábado 4 de xaneiro, cunha gran Festa de Rei para os nenos e nenas.

26 de decembro de 2013 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.