publicidade hoxe

A exposición sobre Rosalía remata o ano no CEIP Santo André de Xeve

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A exposición Rosalía sempre viva.Viva Rosalía! rematará este curso escolar no CEIP Santo André de Xeve, onde poderá visitarse do 12 ao 20 de decembro. A exposición é cedida pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra que dispón dela ata febreiro de 2014, grazas á colaboración coa Fundación Manuel María.

A mostra está composta por 20 rollers nos que se fai unha explicación clara e sintética dos eventos biográficos e literarios fundamentais de Rosalía, e complétase cun material didáctico.

11 de decembro de 2013 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.