A exposición fotográfica da Asociación Down permanecerá na rúa do Paseo de Ourense durante todo o Nadal
O Museo Municipal albergou esta mañá a presentación da exposición da Asociación Down. As fotos están realizadas por 4 dos fotógrafos referenciais do panorama galego, e estarán expostas durante todo o Nadal.
Son en total 16 lonas que estarán espalladas pola rúa do Paseo durante todo o nadal. Esta acción, forma parte da campaña anual de normalización e sensibilización sobre as persoas con síndrome de Down. As lonas mostran fotografías dos usuarios, unha cadena de persoas collidas de man, representando os 23 pares (máis un) de cromosomas que caracteriza esta discapacidade, e están complementadas con versos da poetisa Rochi Nóvoa. A maiores saen á rúa 2000 calendarios que por primeira vez xuntan dúas disciplinas artísticas: fotografía e ilustración.











