publicidade hoxe

A Escola Municipal de Música celebra o Festival de Nadal no Auditorio de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A escola Municipal de Música celebra mañá pola tarde o Festival de Nadal, a actuación coa que dan por clausurado o primeiro trimestre do curso escolar. A cita será no Auditorio a partir das 19:30 horas e nela intervirán os alumnos de 8 a 16 anos de idade. A entrada será libre e de balde. Os festivais de Nadal complétase co que xa celebraron o pasado venres no salón de actos da Escola os alumnos de 3 anos que cursan Iniciación á Música, e co que protagonizarán o venres, 20 a partir das 19:15 horas, tamén nas instalacións do Ramal, os educandos de 6 e 7 anos matriculados en Música e Movemento.

O Festival de mañá terá dúas partes diferenciadas: na primeira parte participarán os solistas con acompañamento de piano; e na segunda actuarán catro agrupacións da Escola: o Grupo de Corda, o Ensemble de Guitarras, o Combo Moderno e a Banda Xuvenil.

De cara ao segundo trimestre do curso, a dirección do centro Bernardo del Río, adianta que estará dedicado á figura de Fernando Argenta, o músico e popular director de programas de radio e televisión dedicados a difundir a música clásica entre os máis pequenos e promover o gusto da mesma dende as idades máis temperás. De este xeito, o equipo docente da Escola Municipal de Música pretende recoñecer e agradecer a labor divulgativa da Música Clásica entre o público infantil que realizou Argenta a través de programas como “El Conciertazo”, “Clásicos populares” e “Clásicos divertidos”; e das numerosas publicacións de animación á Música Clásica que escribiu.

16 de decembro de 2013 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.