A empresa que traballa no abastecemento de auga na ría de Pontevedra solicita unha prórroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

O Servizo de Estradas da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra recibiu unha comunicación nas últimas horas por parte da empresa que executa as obras de abastecemento de auga na ría de Pontevedra na que se lle solicita á administración autonómica unha prórroga dunha semana para o remate dos traballos que está a executar no concello de Poio.

Segundo apunta a propia empresa nese escrito, “en relación as obras que se están a desenvolver na PO-308, no entorno da rotonda que dá acceso a Pontevedra e ao barrio da Caeira, estamos a sufrir certos retrasos na planificación establecida que contemplaba a finalización dos mesmos o 5 de decembro”.

A razón deste retraso é a aparición, durante a execución das gabias, de material rochoso. A isto hai que unir, segundo apunta a empresa, a imposibilidade de realizar traballos nocturnos ao tratarse dunha zona urbana.

Esta é a causa pola que o director da execución do contrato solicitou a ampliación do permiso de traballo á Xunta ata o próximo 13 de decembro.

5 de decembro de 2013 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.