A Domus organiza obradoiros de ciencia, arte e tecnoloxía para mozas
A Concellaría de Cultura, a través dos Museos Científicos Coruñeses, anuncia unha nova edición dos talleres de ciencia, arte e tecnoloxía na Domus, que se celebrarán entre o próximo 23 de decembro e o 14 de xaneiro.
Os talleres están dirixidos a mozos de entre 14 e 18 anos, que poderán achegarse ao deseño dos videoxogos, crear robots e montar circuítos, entre outras actividades. A participación nestes cursos, enmarcados no proxecto europeo KiiCS (Knowledge Incubation in Innovation and Creation for Science) e financiado pola Comisión Europea, ofrece ademais a posibilidade de participar posteriormente nos Premios KiiCS, e optar a gañar unha viaxe a unha feira científica para contar o proxecto desenvolvido no taller.
A inscrición nos talleres é gratuíta e debe realizarse a través da dirección de correo electrónico domus@casaciencias.org. Os interesados deben enviar a esta dirección o seu nome completo, idade, teléfono e dirección de correo electrónico de contacto, así como os talleres nos que se quere participar.
Os talleres que se ofertan son:
– Inventando con e-téxtiles. Luns, 23 de decembro de 16.30 a 20.30 horas.
– Deseñando videoxogos. Venres, 27 de decembro 16.30 a 20.30 horas.
– Creando robots. Venres, 3 de xaneiro, 16.30 a 20.30 horas.
– Montando circuítos. Martes, 14 de xaneiro, 16.30 a 20.30 horas.











