publicidade hoxe

A detida por cartas ameazantes a un edil de Manzaneda nega os feitos pese a ser vista cando as selaba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de TrivesLocal PortadaManzanedaSucesos
A-
A+
E.P.

A muller detida en Pobra de Trives (Ourense) como presunta autora de cartas ameazantes recibidas polo concelleiro do PSOE en Manzaneda e exalcalde do municipio, Herminio Cereijo, negou ante o xuíz de Trives ser a autora das cartas, a pesar de que a Garda Civil realizou un seguimento de meses e a vió cando as selaba en Castro Caldelas.

Segundo explicou Cereijo a Europa Press, tras a declaración no xulgado de Pobra de Trives, todo quedou “como estaba” pois considera que a detida, M.A.F.C., de 53 anos, puido ser a autora das recibidas por el no último ano. “Tras romper pola miña banda a relación sentimental que nos unía, porque ela era moi posesiva, aínda que non se acabou a amizade, polo menos pola miña banda”, abundou.

Con todo, segundo dixo, non lle encaixa” ese comportamento coas demais cartas recibidas, até 150, desde fai cinco anos e dous meses, e con outros danos sufridos como “rascazos nun coche, pintadas nun enreixado e rodas picadas e nada disto encaixa con esta muller”, relatou.

“Un auténtico suplicio no que non me encaixa a detida pois as cartas de antes eran máis políticas con ameazas relacionadas con cousas de cando era alcalde”, indicou.

A ‘Operación Idefix’ desenvolvida pola Garda Civil segue aberta e axentes, segundo Cereijo, explicaron no xulgado que moitas cartas non encaixan coa posible autoría da muller detida.

DESDE 2008

As cartas ameazantes comezaron a chegar a Cereijo na súa etapa de alcalde de Manzaneda, cando o PSOE gobernaba en coalición co BNG, e as motivacións políticas esgrimidas levaron entón á imputación de sete acodes, entre concelleiros e outras vinculadas ao labor político municipal, pero finalmente todas foron descartadas.

O seguimento realizado pola Garda Civil da comarca, deu como resultado agora a detención de M.A.F.C. e tras a súa declaración no xulgado, a operación segue aberta.

4 de decembro de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.