publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra aproba o proxecto da Ponte de Achas sobre o río Deva na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaPontevedra
A-
A+

O Pleno da Deputación de Pontevedra acordou hoxe, na última sesión do ano celebrada ás 11h00, aprobar inicialmente a exposición pública do expediente do proxecto da construcción dun vial alternativo na ponte de Achas na Cañiza así como a aprobación do expediente de expropiación dos terreos, a declaración de utilidade pública da obra e solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación.

Este proxecto denominado Ponte río Deva  rotonda – enlace  EP 5002 con EP 5102 Ponte de Achas A Cañiza é unha das máis importantes peticións realizadas á Deputación de Pontevedra polo Concello da Cañiza que se ven reiterando dende o ano 2.004  e que por diferentes motivos non se puido desenvolver ata o momento.

A construcción do vial alternativo á Ponte románica de Achas, de incalculable valor patrimonial e histórico está motivado pola grande densidade de tráfico que circula por esta estrada provincial, tendo a Ponte que soportar pesos excesivos durante todo o día. Esta fluidez de tráfico intensifícase durante a fin de semana por ser a  E.P. 5102, un dos principais viais de acceso ao Santuario da Franqueira, un dos santuarios máis antigos de toda Galicia.

Neste último pleno aprobouse o proxecto de construcción dunha variante da estrada E.P. 5102 Lamosa – Franqueira – Achas, para o que é necesario a construcción dunha nova ponte de cara a salvar o paso do Río Deva. Este proxecto tamén contempla a construcción dunha rotonda de enlace de dita estrada coa EP 5002 Cañiza – Mourentan.

O Orzamento desta obra supera os 650.000,00 €uros e coa construcción deste novo vial a Deputación da resposta aos requerimentos realizados dende a Alcaldía como portavoz dos veciños de Achas que  dende hai tempo veñen reclamando esta obra como solución para salvagardar esta ponte que é un dos máximos representantes da arquitectura popular civil da Cañiza.

27 de decembro de 2013 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.