A Deputación da Coruña súmase ás actividades de dinamización comercial de Compostela Monumental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O presidente  da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o representante da Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental, José Manuel Bello, asinaron un convenio de colaboración polo cal a institución provincial financiará as ‘Xornadas de dinamización Comercial’ que porá en marcha a Asociación de Empresarios e Profesionais de Compostela Monumental.

O acordo asinado recolle unha achega económica por parte da Deputación da Coruña de 35.000 euros, o que supón o 77,77% do orzamento total da campaña, que ascende a 45.000 euros.

Con esta cantidade poñeranse en marcha diversas campañas comerciais, actividades de dinamización nas rúas, programas de fidelización de clientes, así como unha mellora na sinalización comercial e a celebración do VII Congreso do Comercio.

Durante o acto de sinatura do convenio, Bello agradeceu o apoio da institución provincial e “a sensibilidade do presidente Diego Calvo” na axuda a un traballo que, dixo, “mantemos desde o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro”.

3 de decembro de 2013 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.