A Deputación da Coruña premia aos 66 gañadores do I Circuíto provincial de Carreiras Populares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Mariel Padín, acompañada do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, entregaron  os premios aos gañadores das 22 categorías do primeiro ‘Circuíto Provincial de Carreiras Populares’ organizado este ano pola Deputación.  

A primeira edición deste circuíto rematou con grande éxito de participación, despois de que case 10.000 atletas tomasen parte nas dez probas celebradas desde o 16 de xuño ata ou 10 de novembro.

Para a organización e a coordinación das probas, a Deputación da Coruña investiu un total de 25.000 euros. A premios destinou outros 8.000.

As probas incluídas neste primeiro circuíto foron a III Carreira Popular do Concello de Carballo, a CorreSan Nocturna de Santiago, a XII Mila Urbana de Ares, o XIV Maratón Popular Concello de Cambre, o Maratón de San Xoán de Piñeiro de Mugardos, a Carreira Nocturna Concello de Ferrol, o XVI Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira, a VII ACoruña10, a Carreira Pedestre do Concello de Ames e a XXXIV Carreira Popular de Negreira.

Todas elas foron probas calendadas pola Federación Galega de Atletismo, o que garante o cumprimento de todos os requisitos deportivos, e sumáronse a este primeiro circuíto tanto pola súa historia, o seu arraigo entre a poboación e unha tradición contrastada. Tívose en conta tamén que se abarcara a meirande parte do territorio da provincia e que as carreiras foran abertas a cantas categorías fora posible.  

20 de decembro de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.