A Deputación da Coruña concederá unha axuda de 10.000 euros á Fundación Galiza Sempre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
O presidente  da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o representante de Galiza Sempre, Xesús Veiga Buxán, asinaron esta mañá o convenio que formaliza a colaboración entre ambos os dous entes para cofinanciar as actividades culturais desta asociación.

Con este acordo, a institución provincial achegará un total de 10.000 euros que servirán para sufragar o 80% do orzamento total desta programación. Este traballo ten coma obxectivo fundamental aumentar a formación e participación da cidadanía e impulsar a sensibilización da sociedade sobre os problemas da comunidade.

Para cumprir con este fin, Galiza Sempre leva a cabo diferentes liñas de actuacións, como poden ser a investigación, selección, elaboración, tradución e debate de textos; a edición, deseño e produción de formatos de difusión; a organización de xornadas de debate e divulgación; ou eventuais publicacións sobre as temáticas que interesen en cada momento.

Veiga Buxán declarou tras a sinatura que grazas a este convenio poderanse “facer realidade estudos da lingua galega para pór en valor as personalidades e accións que traballaron pola promoción da nosa cultura”. Ademais, o representante da entidade lembrou a importancia desta axuda para continuar cos obxectivos desta Fundación que, dixo, pasa por “difundir a nosa identidade a través de conferencia, seminarios e mesas redondas”.

5 de decembro de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.