A demolición de tres inmobles no cruce de Peniche facilitará o tránsito de peóns e vehículos

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O Concello de Vigo está a acometer o derrubamento das edificacións dos números 1A e 3A da rúa López Mora e o número 10 de Camiño dos Pazos, segundo constatou hoxe mércores o rexedor que esta mañá se achegou á zona acompañado polo concelleiro de Fomento, David Regades, e o de Emprego, Santos Héctor. A atención de “esta demanda histórica na cidade” facilitará os accesos no cruce de Peniche, “unha obra que levaba medio século sen facer”. Unha vez realizada a demolición, que rematará nesta mesma semana, procederase á preparación e acondionamento do terreo, salvando a diferencia de cota entre López Mora e Camiño Pazos. Ademáis, engadiu, mellorarase o xiro de vehículos nesa confluencia e daráselle continuidade ao tránsito peonil entre das dúas rúas, con pavimento e formigón provisional. Tamén se instalarán, ao longo das tres próximas semanas, vallas para delimitar e protexer aos peóns. Tal e como avanzou, a rotonda e a zona verde previstas na zona acometeránse a cargo dos orzamentos do ano próximo.

Previamente a esta actuación, o Concello procedeu á retirada da placa de sinalización existente na vivenda número 1 de López Mora, que está catalogada con protección integral no PXOM, polo que xa está no museo de Castrelos. Estes traballos estarán rematados ao final de ano.

18 de decembro de 2013 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.