A Coruña pecha ao público os parques e xardíns pola alerta laranxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello informa de que hoxe, desde as 12.00 horas, permanecerán pechados os parques e xardíns da cidade debido á información sobre fenómenos meteorolóxicos adversos facilitada polo 112, con alerta laranxa por ventos que poderían alcanzar os 100 km/h e alerta amarela por choiva. O peche prolongaranse polo menos até mañá ás 09.00 horas, en función de como evolucionen as condicións meteorolóxicas.

27 de decembro de 2013 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.