A Coruña estrea o espazo web acoruna.portaldetuciudad.com

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

acoruna.portaldetuciudad.com é un novo espazo en Internet que forma parte do grupo de franquías Portaldetucidad.com, medio de difusión e comunicación dixital dos máis importantes a nivel nacional, que conta cunha experiencia e andaina de máis de 10 anos na rede.

Actualmente a rede de portais on-line conta con máis de 25.000 visitas diarias e teñen máis de 2 millón de páxinas vistas mensualmente.

acoruna.portaldetuciudad.com é unha completa guía on-line creada para dotar á nosa cidade dunha presenza destacada en Internet ademais de ofrecer todos os seus recursos a través deste portal.

CONTIDOS PRINCIPAIS E XENERAIS DO PORTAL

A MÁIS COMPLETA GUIA ON-LINE DA Coruña   

acoruna.portaldetuciudad.com a través dos seus contidos esta enfocada e dirixida a 2 usuarios finais:

1.- Por unha banda esta enfocada á xente de fóra, que non coñece a nosa cidade que vai vir de visita, que busca información sobre a zona, sobre a súa historia, os seus recursos… Co fin de fomentar o turismo e facilitar a súa visión a través de Internet.

Podemos ver información de aloxamentos, restaurantes e bares así como dos seus monumentos, festas e moitos outros contidos do que nos ofrece A Coruña e a súa contorna.

2.- Por outra banda, está enfocada a todos os residentes da zona.

Para todos estes usuarios están enfocadas moitas seccións do portal. A carteleira de cines, actuacións e espectáculos, actividades e todo o que engloba a axenda diaria da cidade.

Como seccións importantes do portal disponse dunha GUÍA DE TENDAS E EMPRESAS na que calquera empresario da zona terá cabida,  zona de NOTICIAS da cidade, TABLON DE ANUNCIOS e moitos outros contidos de interese.

O portal tamén conta cun CENTRO DE INFORMACIÓN NOVA, actualizado diariamente con información de ofertas de emprego, cursos, actividades, bolsas, etc. Contidos moi buscados por todos na rede.

Ademais de todo isto acoruna.portaldetuciudad.com ofrece diferentes servizos de interese para o usuario do portal como: O tempo, lotarías, rueiro, o trafico, etc.

Toda esta información e servizos co fin de que calquera que decida entrar en acoruna.portaldetuciudad.com teña ao seu alcance a maior e máis completa guía online.

No portal traballarase día a día mantendo todo o que ten, ofrecendo a información máis relevante da Coruña e estudando e desenvolvendo novas seccións e contidos de interese para conseguir que acoruna.portaldetuciudad.com sexa a máis completa guía online de da cidade e facer que sexa para todos un medio máis de información.

13 de decembro de 2013 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.