A Coral Máximo Patiño celebra o Festival de Panxoliñas de Vilaxoán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

Co Nadal, chega tamén unha das citas máis tradicionais da comarca durante estas festas. Trátase do Festival Panxoliñas de Vilaxoán, organizado pola Coral Máximo Patiño Méndez, e que terá lugar o sábado 21 de decembro nos locais da Confraría Virxe do Rosario. Xa está aberto o prazo de inscrición para poder participar no certame.

No festival poden participar todo tipo de formacións musicais, xa sexan infantís, xuvenís ou de adultos. Cada formación poderá interpretar dúas panxoliñas, de libre elección, con ou sen instrumentos. Os temas poden ser inéditas, tradicionais ou populares e interpretaranse en directo durante o festival que rematará de modo festivo coa actuación da Coral Máximo Patiño.

Os colectivos ou grupos interesados en participar no Festiva Panxoliñas de Vilaxoán poden facelo xa vía telefónica chamando aos números 986 511 600 ou 634 263 511.

14 de decembro de 2013 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.