A Confederación Empresarial de Ourense colabora cunha acción solidaria do Club Ourense Termal
Esta mañá presentábase no Concello a campaña solidaria do COB que pretende que ningún neno quede sen xoguetes nestas datas. ‘Encesta un xoguete’ desenvolverase no transcurso do partido que enfrontará o vindeiro venres 20 ao Club Ourense Termal e o Barcelona B, a partir das 21 horas no Paco Paz. Representantes do COB, do Concello e da Fundación CEO participaron na presentación desta iniciativa, e coincidiron en aplaudir a súa celebración, así como en pedir a colaboración cidadá o día do partido.
O partido será aproveitado tamén para facer visible o labor da Fundación She no ámbito da saúde e o deporte cos nenos, a través dun programa cardiosaludable que difunde hábitos de alimentación sa entre os máis pequenos. A Fundación She terá tamén unha caseta ese día, no que se poderá adquirir o libro ‘Monstros Super Sans’ e outros artigos.
A Fundación CEO participa nesta e outras iniciativas enfocadas a colectivos como os nenos e os maiores, e en esferas como o deporte, a arte ou o cooperativismo, entre outros, no seu afán por trasladar á sociedade un forte compromiso con iniciativas solidarias que repercutan na sociedade en xeral e axuden a potenciar e difundir a responsabilidade social empresarial.