A compañía lírica de zarzuela de Madrid representa “La corte de Faraón” no Teatro Jofre
A compañía lírica de Zarzuela de Madrid representará o sábado, día 28 de decembro, ás 20:00 horas a obra “La corte de Faraón” no Teatro Jofre. As entradas poderán ser adquiridas de maneira anticipada no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).
A obra comeza cunha escena na praza de Menfis onde os faraóns e o pobo esperan a chegada do valente Putifar, ao cal lle fará entrega en casamento da moza Lota. Este faille como agasallo de vodas un escravo vendido polos seus irmáns – o casto Xosé- do cal se queda hipnotizada. Esta zarzuela nun acto forma parte da programación escénica da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.











