A Casa das Campás acollerá a presentación do proxecto A memoria das mulleres
Pontevedra coñecerá este xoves, 19 de decembro, a partir das 19.30 horas o proxecto A memoria das mulleres e o seu consello asesor. É un acto organizado pola Concellaría de Patrimonio Histórico na Casa das Campás.
A memoria das mulleres é unha iniciativa do Concello de Pontevedra que ten por obxecto documentar e divulgar a historia das mulleres pontevedresas. O acto contará coa intervención de Ánxeles Ruibal, cantora; un representante de Pandereteiras Adonaire; e Aurora Marco, autora do Diccionario das mulleres galegas.











