A Casa da Cultura de Lousame acollerá a reunión ordinaria da Asociación Cultural Prudencio Romo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

A Casa da Cultura de Lousame acollerá este sábado 14 de decembro a reunión ordinaria da Asociación Cultural Prudencio Romo-Banda de Música de Lousame, que terá lugar a partir das 16:30 horas, en primeira convocatoria, ou a partir das 17:00 horas, en segunda convocatoria.  A orde do día é a seguinte:

Lectura da acta anterior
Estado de contas
Informe de xestión
Rogos e preguntas

A Asociación Cultural Prudencio Romo foi creada en 2006 e é a encargada da xestión da Banda de Música Municipal de Lousame. Debe o seu nome a quen durante 12 anos foi director da banda, mestre de moitos dos músicos que hai nela e persoa moi querida en todo o concello de Lousame pola súa labor musical

12 de decembro de 2013 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.