A Casa da Cultura de Lousame acolle a presentación da Escola Municipal de Idiomas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá sábado 14 de decembro, ás 11:00 horas, a presentación oficial da Escola Municipal de Idiomas lousamiana, que nace este ano con máis de sesenta alumnos e alumnas inscritos. Un acto no que participarán a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o xerente de Brilliant Academy, Juan Francisco Gálvez. Neste primeiro ano impartiranse clases de inglés no local social de Cruído todos os xoves, de 19:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 14:00 horas.

Teatro no centro de día

Por outra banda, o centro de día de Lousame acollerá mañá sábado, ás 16:30 horas, unha actuación de teatro a cargo da agrupación “A Paralada”, da Barquiña (Noia). Representarán a obra “Xan”, de Rafael de Roque, na sala multiusos do centro de día. Unha actuación á que están convidados todos os veciños e veciñas do municipio e, dun xeito especial, os familiares dos maiores residentes.

13 de decembro de 2013 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.