A Casa Cultural de Cela expón un belén fabricado de xeito artesanal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Casa Cultural da Asociación de Veciños Celado, da parroquia de Cela, acollerá a partir do domingo, día 8 de decembro, un belén enxebre con arquitectura íntegramente fabricada artesanalmente a man por unha veciña de Cela, Mercedes Barbosa.

A inauguración do nacemento terá lugar ás 17.00 horas da tarde do domingo 8 e, a partir desa data, a instalación navideña poderá ser visitada tódolos martes, venres e sábados a partir das 18.00 horas.

Estes días, Mercedes Barbosa, veciña da parroquia responsable da autoría deste belén artesán ultima, xunto coa axuda do seu marido, Xosé Xoan González, a montaxe da infraestrutura para que todo estea listo de cara á inauguración do vindeiro domingo.

4 de decembro de 2013 | 10:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.