A cantautora Sés participará na Tertulia do IEM de decembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O vindeiro venres 13 de decembro ás 20:30 horas terá lugar unha nova  TERTULIA do IEM, nesta ocasión coa participación da cantautora Sés. Bieto Legaspi Villamarín estará a cargo da presentación do acto.  Despois do faladoiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, terá lugar unha cea coa convidada no Pazo da Escola de Mañufe para a que se debe reservar lugar no teléfono 986360575, ou no correo electrónico oficina@minhor.org ata o vindeiro xoves 12 pola noite.

Sés

Se algo podemos destacar de Sés é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galicia, percorrendo diferentes escenarios, vila tras vila e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.

Licenciada en Filoloxía e Antropoloxía, María Xosé Silvar “Sés” (A Coruña, 1983), tamén leva adiante un intenso traballo nos eidos social e cultural.

12 de decembro de 2013 | 10:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.