publicidade hoxe

A Cañiza convoca o II Concurso de Carrozas de Reis cunha dotación en premios de 1.800 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Dende a concellería de cultura do Concello da Cañiza, convócase o II Concurso de Carrozas participantes na Cabalgata de Reis de 2014, consonte coas seguintes BASES:

Participantes: poderán participar cantas persoas , grupos ou entidades  o desexen, nunha única categoría, que incluirá ás carrozas participantes na Cabalgata de Reis.

Inscricións: faranse na Biblioteca Pública Municipal da Cañiza, sita na Rúa Progreso nº 21 desta vila, do 01 ao 30 de novembro de 2013,(horario : Mañás de luns a venres: de 10 a 13h. /Tardes de 16:30 a 20 h. Sábados: De 10 a 14 h.) presentando cuberto o modelo que se pode recoller na mesma biblioteca.

Para realizar a devandita inscrición será obrigatorio presentar: o nº de conducir do condutor  e unha declaración xurada onde cada representante se fai responsable dos posibles danos que se puideran orixinar, tanto aos membros de cada carroza como a terceiros , durante o desenvolvemento da actividade.

Será requisito imprescindible para entrar en concurso que as carrozas sexan realizadas polos participantes, permitíndose o desfile a carrozas alugadas , sempre fóra de concurso.

Tema: os temas das carrozas deberán ter relación obrigatoria co mundo infantil ou de nadal, non permitíndose  ademais, publicidade en ningunha delas,  a excepción de calquera asociación ou colectivo sen ánimo de lucro (ong, clubes deportivos,…)

Materiais: os materiais que se van empregar na carroza, así como as dimensións da mesma, serán de libre elección dos participantes, pero sempre  dentro dos seguintes parámetros:

Plataforma ou base da carroza, máximo 6 metros; Anchura, máximo 2,60 metros; Altura máxima, 4 metros.

Subvención: todas as carrozas participantes recibirán unha subvención de 150 €, debendo realizar a xustificación da dita cantidade por medio de facturas (as cales deberán presentarse ata o 27 de decembro de 2013, no Rexistro Xeral do concello).As mesmas deben ir co nome da asociación ou grupo, o seu representante e DNI, detallando a compra realizada. No caso de asociacións co nome da mesma e o CIF. Non valen tickets, só facturas.

PREMIOS:Valoraranse ás carrozas mellor decoradas , a  maior orixinalidade,a vestimenta de cada colectivo ou outro elemento que o mellore (son, iluminación, …), puidendo quedar desertos se así o estima o xurado.

Contía económica:

1º PREMIO: 900 €

2º PREMIO: 600 €

3º PREMIO: 300 €

Xurado: estará formado polo Alcalde da Cañiza, ou persoa en quen delegue, a Concelleira de Cultura, ou persoa en quen delegue, o Técnico de cultura, e un  representante dos artistas locais.A concellería de cultura resérvase o dereito de elaborar os criterios e sistemas de cualificación que oportunamente se darán a coñecer aos membros do xurado, así como a facer modificacións e tomar iniciativas  non reguladas nestas bases, sempre que contribúan ao mellor desenvolvemento do concurso.

Compromisos das carrozas participantes no cabalgata:

– As carrozas participantes comprométense a formar parte da Cabalgata de Reis , que se relizará o día 5 de xaneiro de 2013 polas rúas da vila.

-Todas as carrozas deberán estar no lugar que se designe como inicio da Cabalgata,  á hora que  estableza a Concellería de Cultura.

-Todas as carrozas asumirán as indicacións que durante o percorrido lles transmita o persoal de seguridade.

– A organización resérvase o dereito de establecer a orde coa que desfilarán as carrozas.

11 de decembro de 2013 | 11:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.