publicidade hoxe

A Cañiza celebra con música, festivais para os nenos e obradoiros infantís as festas de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

A Cañiza prepara as festas navideñas coa confección do tradicional Belén de Nadal. O Concello conta con dous beléns feitos de xeito artesanal por dúas veciñas que poden ser visitados por todos. Un dos beléns corre a cargo de Asunción Ayestarán e atópase exposto na antigua biblioteca da Casa Consistorial, na rúa Oriente e permanece aberto ao público dende o 20 deste mes ata o 7 de xaneiro en horario de 11h00 a 14h00. O segundo Belén está situado na pranta baixa da Casa de Cultura da Cañiza i é propiedade de Marta Mariño. O horario de visitas e de 10h00 a 20h00, tamén dende o venres 20 de decembro ata o 7 de xaneiro.

Os actos navideños comezarán o sábado 21 coa celebración dunha festa especial para os nenos. O Festival empezará ás catro da tarde na planta alta da Casa de Cultura, xunto o Aula CEMIT, co espectáculo de animación ¡ SHOW con DIN DON!  que durante máis de dúas horas ofrecerá aos máis pequenos xogos cargados de fantasía. Máis tarde Papa Nöel fará acto de presenza para saudar aos nenos, recoller as cartas coas súas peticións e obsequiarlles cun agasallo. A continuación servirase unha merenda amenizada con música infantil.

O domingo 22 de decembro, A Coral Polifónica da Cañiza ofrecerá o tradicional concertó de Nadal, nesta ocasión acompañada das corais  “Agarimo” de San Salvador de Torneiros, Porriño e a Coral Polifónica “Frol Nova” de Chapela. A Actuación será na Igrexa Parroquial de Santa Teresa ás 18h30.

Durante os días 26, 27 e 30 de decembro os pequenos poderán disfrutar dos Obradoiros de Nadal na Casa de Cultura a cargo o grupo de animadores socioculturais da Vila. Trátase dunha ludoteca aberta con talleres e actividades para nenos de 6 a 12 anos. Estas actividades desenvolveranse de novo os días 2 e 3 de xaneiro en horario de 10h  a 14h.

Os actos navideños continúan o xoves 26  coa representación teatral da obra infantil  “Acuario” a partir das 17h00 de novo na Casa de Cultura.

Os días 27, 28 e 29, esta vez no pavillón municipal da Cañiza, abriranse as portas do Mercadillo Solidario no que participarán todos os expositores que queiran amosar os seus productos. Estará aberto o venres de 19 a 21h e o sábado e o domingo de 11 a 14h e de 16 a 21h.

O sábado 28 celebrarase a Gala Solidaria “Berce”, un espectáculo para toda a familia coas actuacións de Tito Espaguetho, o Mago Marco, obradoiros e música. A Casa de Cultura será de novo o escenario onde se presentará a Gala.

Por terceiro ano consecutivo o  4 de xaneiro celebraranse os talleres infantiles de aeromodelismo, esta vez no pavillón deportivo de A Cañiza, nos que nenos de catro a catorce anos de idade terán a oportunidade de construir un aeromodelo sencillo coa axuda de monitores que  lles explicarán o xeito de fabricalos.  Os nenos competirán cos seus modelos. Premiaranse os tres mellores de cada categoría.

O domingo 5 de xaneiro, véspera de Reis, terá lugar a tradicional Cabalgata. Do mesmo xeito que o pasado ano as carrozas das súas Maxestades de Oriente sairán do recinto da Casa de Cultura da Cañiza anunciada cunha pequena tirada de lumes artificiais. Os Reis Magos percorrerán as principais rúas do casco urbano para volver ao Auditorio onde recibirán, un por un, a todos os pequenos que o desexen. Neste desfile participarán todas as carrozas participantes no concurso de Carrozas organizado polo Concello de A Cañiza por segundo ano consecutivo. O ano pasado contou con 5 magnificas carrozas i está previsto que este ano participen 6 . Este mesmo día  entregaranse os premios deste concurso.

18 de decembro de 2013 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.