A campaña “Un ano máis, Ti Fas o Nadal” de Cambre entrega a primeira viaxe a Canarias

Gañador da viaxe
O supermercado da parroquia de Cela, SILVAZ deu un dos premios grandes da campaña de comercio “Un ano máis, Ti Fas Ou Nadal”, a viaxe ás Illas Canarias. O veciño agraciado, Celso Doval, desprazouse hoxe até o comercio cambrés para retratarse xunto ao dono do negocio, Miguel Ágel Silva. A Concelleira de Promoción Económica, Marta Vázquez, púxose en contacto co comercio para saber quen fora o afortunado e espera agora a que toque o outro viaxe para catro persoans a Eurodisney.
Esta campaña, segundo a edil, volve envorcarse no denominado “Rasca e gana” debido á gran acepctación do pasado ano por veciños e comerciantes. Cada Compra en Cambre optará a un dos máis de 1.500 premios directos (39.000 rascas), vales de compra nos distintos comercios, polo que os gañadores veranse beneficiados xa que adquirirán máis produtos e os comerciantes venderán moitos máis. Así mesmo, este ano haberá máis de 13.000 euros en premios directos, o que significa que un concello como Cambre gástase tanto ou máis que unha cidade neste tipo de bonificacións que cidades que cuadriplican os seus habitantes.











