A campaña de Nadal do comercio de Redondela repartirá 4.000 euros en vales
O comercio de Redondela estrea esta semana a súa tradicional campaña de premios posta en marcha pola Asociación de Empresarios de Redondela. Polas compras que se realicen ata o 6 de xaneiro os clientes serán agasallados coas papeletas de participación. Todos os comercios disporán de urnas nas que os clientes poden depositar as súas participacións.
Os premios serán vales de compra de 50€, 100€, 200€ y un gran premio de hasta 1.500€. Os premios serán entregados na gala do comercio de Redondela que terá lugar no mes de xaneiro e na que ademais se fará o sorteo dun vale de compra de 1.000€ que se incrementará en 500€ si o agraciado está presente na gala (1.500€ en total).
A campaña conta, como ven sendo habitual, con un amplo programa de animación vinculado a actividade na rúa, actividades que contan coa colaboración do concello de Redondela e a Dirección Xeral de Comercio que ven colaborando nas actuacións de dinamización do Centro Comercial Aberto de Redondela.
Redondela contará con dúas áreas de ocio, unha na Praza da Casa da Torre que albergará a Carpa do Nadal, entre o 21 de decembro e o 4 de xaneiro, na que todos os clientes poderán acceder de forma gratuíta e poderán deixar aos nenos ao coidado dos monitores e a outra a zona de atraccións se situará na Alameda. Esta atraccións aínda que son de pago, o comercio agasallará aos clientes con bonos de desconto.(Axuntamos programa completo das actividades).
Este ano tamén a Alameda de Chapela acollerá unha zona de atracción os días 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 en horario de 10:00 a 14:00h.