publicidade hoxe

A cabalgata de Papá Noel percorrerá todas as parroquias do municipio de Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

A cabalgata de Papá Noel, que se desenvolverá o mesmo día de Noiteboa, será a actividade principal desta semana de Nadal no Concello de Ares. Así, e como xa vén sendo habitual, as carrozas sairán da praza do Pedregal de Redes ás 16.30 horas, estando previsto un percorrido por Barracido, Pedrós, Chanteiro (Outeiro), CIRS de Cervás e Ares. Na vila, a comitiva pasará pola Porta do Sol, avenida de Redes, Saavedra Meneses, praza da Igrexa, rúa Real, avenida de Mugardos e aviador Franco, para rematar sobre as 19.30 horas na Alianza Aresana. Nesta dependencia municipal Papá Noel recibirá a todos os nenos e nenas que o desexen.

Por outra banda, o xoves 26, venres 27 e luns 30, entre as dez da mañá e unha da tarde, o pavillón municipal acollerá unhas xornadas multideporte, dirixidas a nenos e nenas de 8 a 12 anos. Durante estas horas, previa inscripción na oficina do pavillón, as e os participantes poderán realizar diferentes actividades deportivas guidas, como fútbol, baloncesto, balonmán, brilé ou raquetas. Xa pola tarde, nomeadamente de 16.30 a 19.30 horas, o Concello abre o pavillón as e os rapaces de 12 a 18 anos para que poidan xogar aos deportes que desexen –unicamente precisan un mínimo de dúas personas para o caso do tenis e de oito para xogar a fútbol, baloncesto ou balonmán-. Tamén é necesario inscribirse previamente.

Además, a área de Deportes lembra que o prazo para inscribirse na IX Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares 2013, que foi presentada o pasado venres en Mugardos, remata mañá 24. As persoas que desexen apuntarse teñen que facelo na web da Federación Galega de Atletismo. A carreira terá lugar o domingo 29 ás 11.00 horas, con saída e chegada de Mugardos e a distancia a percorrer é de 10 kilómetros.

Finalmente, o venres levarase a cabo un obradoiro de maquillaxe de festa para persoas maiores de 12 anos. Esta actividade, que ten un custe de 3 euros, desenvolverase na OMIX (Biblioteca municipal) entre as sete da tarde e as dez da noite.

23 de decembro de 2013 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.