publicidade hoxe

A biblioteca municipal de Tui acolle unha exhibición de animais exóticos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTui
A-
A+

A Biblioteca Municipal de Tui acollerá nos primeiros días do ano 2014 unha novidosa actividade, unha exhibición de animais exóticos: lagartos, crocodilos, camaleóns, tartarugas, tarantulas…

As protagonistas de tantos e tantos libros infantís agora sairán dos andeis da biblioteca infantil para achegarse ata todos os rapaces e os poidan apreciar en directo, podendo interactuar con estes animais de modo totalmente seguro e divertido.

Dado o carácter da actividade cómpre realizar unha inscrición previa para participar na actividade. Haberá dúas sesións nas mañás dos días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2014 con grupos de ata quince rapaces.

A inscrición debe realizarse na Biblioteca Municipal de Tui ata completar o número máximo de participantes.

20 de decembro de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.