A Biblioteca da Deputación da Coruña programa obradoiros de plastilina e pintura no Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
A Biblioteca da Deputación da Coruña organiza, como todos os anos, unha completa programación de actividades durante as vacacións de Nadal.

A programación comezará o próximo venres 20 de decembro co “Obradoiro de Nadal” que terá lugar no vestíbulo da biblioteca entre as 18.00 e as 20.00 horas con entrada libre para todas as persoas interesadas. Durante estas dúas horas, os participantes poderán realizar diferentes traballos manuais baixo a temática do Nadal. A biblioteca porá a disposición dos asistentes todo o material preciso e os monitores que axudarán a realizar os adornos. 

Ademais, a Bebeteca porá en marcha un obradoiro de plastilina para nenos e nenas de entre 4 e 6 anos. Hai 15 prazas e a entrada será libre ata completar o aforo. Esta actividade celebrarase os días 23, 26 e 27 de decembro de 18.00 a 19.30 horas e os días 28 e 30 de decembro e o 2, 3, 4, e 7 de xaneiro en horario de 11.30 horas a 13.00 horas.

Por último, Luisa Valdés impartirá un novo obradoiro de pintura para rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos. Baixo o nome de “Amigos do medio ambiente”, Valdés ofrecerá unha formación de 3 días da que haberá dúas quendas: a primeira o 23, 26 e 27 de decembro, e a segunda o 30 de decembro, e o 2 e 3 de xaneiro. Todas as clases terán lugar na Sala Manuel López da Biblioteca en horario de 11.00 a 13.00 horas.

Todas as actividades, menos o obradoiro de Nadal, teñen unha capacidade limitada. As persoas interesadas poden reservar praza acudindo á Biblioteca Infantil e Xuvenil ou chamando ao teléfono 981 080 171.

17 de decembro de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.