publicidade hoxe

A banda “Transilvanians” inundará coa súa mistura musical o centro cultural Torrente Ballester de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A banda Transilvanians subirase pasadomaña xoves, día 19, ao escenario da capela do Centro Cultural Torrente Ballester dentro do ciclo “As Noites en Capela”, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol. O concerto comezará ás 21:00 horas e as entradas pódense adquirir de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou ben a través de Internet, na páxina www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

Transilvanians tivo os seus orixes na cidade de Vigo aló polo ano 2004. A banda está composta por músicos experimentados de outras agrupacións da escena viguesa de estilos moi dispares e que os une a paixón que senten por estilos de música negra coma o soul, funk, R&B e moi especialmente polo ska, rocksteady e o early reggae xamaicanos. Todo isto unido a súa afección polo xénero de terror, a serie B, o western ou a ciencia ficción conforman unha proposta cando menos orixinal. Xunto a composicións propias tamén interpretan temas de TheSkatalites, The Temptations, The Melodians, Georgie Fame ou os británicos The Clash.

Despois de varios trocos de formación, catro traballos discográficos e numerosos concertos pola xeografía estatal e internacional (Portugal, Alemaña, Bélxica…) co seu propio repertorio ou apoiando a artistas como Roy Ellis aka Mr.Symarip. Esta lenda do reggae é acompañado pola banda Transilvanian de maneira habitual en directo e tamén gravaron o pasado ano o seu novo sinxelo “You Can´t Leave Now”. Así, este 2013 presentan o seu novo EP “Kings of Catacomb Reggay” que está composto por catro cancións.

17 de decembro de 2013 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.