A Banda de Música de Ordes ofrece o Concerto de Nadal e abre o programa de actos destas festas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Concerto de Nadal

Concerto de Nadal

A Asociación Amigos da Música de Ordes en colaboración co Concello de Ordes celebrou esta fin de semana o seu tradicional concerto de Nadal. Unha cita que tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura este sábado e  que congregou a un elevado número de asistentes, chegando a encher o patio de butacas. Abrindo o acto estiveron os alumnos da Escola de Música de Ordes, que interpretaron os temas ‘El cuco’ e ‘Navidad, Navidad’.

A continuación chegoulle o momento aos Reiceiros de Pontecarreira. Esta formación cantou varios temas tradicionais da época de Reices, algún deles recuperado hai anos da tradición local da zona que lle da nome ao grupo. ‘Reices de Añá’ ‘ou O Merlo’ foron algunas destas cancións, que moitos corearon dende a súa bancada.

Posteriromente a Banda de Música de Ordes ofreceu entre outros temas ‘Muiñeira de Cercedo’. Unha composición asinada polo actual director da formación, Fernando Gontad, e que dedicou especialmente a José Lisardo, integrante tanto da banda como da asociación “por todo o gran traballo e adicación que desinteresadamente ofrece á banda á música e á asociación, xa que sin elo nada sería igual nin funcionaría tan ben” explicou o director. Un emotivo momento vivido por todos e no que ademais se lle entregou a primeira folla da partitura. En palabras de José Lisardo este foi “un momento moi especial polo agradecemneto mostrado en público, pero tamén por poder ver o nome da miña parroquia plasmado nunha partitura”.

Para concluir o acto o concelleiro de Cultura de Ordes, Ramón Vázquez, fixo entrega de dúas placas conmemorativas aos organizadores e participantes deste evento que marca o inicio do programa de actos navideños organizados polo Concello de Ordes .

22 de decembro de 2013 | 20:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.