A aula de teatro de Gondomar presenta o seu novo traballo “No se lo digas a nadie”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioGondomar
A-
A+

O vindeiro 11 de xaneiro, a aula de teatro do Concello de Gondomar presentará, baixo a dirección de Lola Correa, o seu novo traballo No se lo digas a nadie. Obra baseada no mundo da música, baile, cancións e diálogos que envolven aos actores e actrices na escena sen deixalos ver quen son en realidade. Dende a loucura do cabaré ata as entrañas do xogo interpretativo….. todo diante do público.

A Aula de Teatro do Concello de Gondomar naceu no ano 2010, como un taller e pouco a pouco chegou a converterse nunha aula cohesionada e crecendo día a día, ata chegar aos 14 integrantes deste ano.

A Concellaría de Xuventude o Concello de Gondomar, así como, A Deputación de Pontevedra  valoran o traballo destes mozos/as, facendo realidade que esta aula siga viva.

A cita será  no Auditorio Lois Tobío ás 19.30 horas.

23 de decembro de 2013 | 11:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.