A Aula Cemit de Tui acolle unha xornada sobre “novos perfís profesionais na era dixital”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través do Programa Voluntariado Dixital celebrará o vindeiro xoves 5 de decembro a Xornada  “NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL”, enmarcada na súa liña de actuación de apoio na procura de emprego.  Esta Xornada poderá ser seguida na Aula Cemit de Tui a través de vídeo conferencia.

Os obxectivos da xornada son:

– Mostrar aos asistentes como, grazas ao avance da Economía Dixital, existen moitos e moitas mozas que empezan a ocupar postos de traballo que as empresas demandan dende hai pouco tempo, así como achegar outros perfís de nova creación que atenderán a futuras necesidades do mercado.

– Habilitar un foro onde mozos e mozas galegos, exemplos de emprendemento, poidan dar a coñecer como, grazas á súa paixón polo mundo das redes sociais, internet e as novas tecnoloxías, traballan no que máis lles apaixona, o mundo dixital.

Esta actividade, que terá lugar no Salón 103 da Cidade da Cultura, vai dirixida a Voluntari@s Dixitais, Entidades de Acción Social, moz@s, persoas desempregadas, orientadores laborais e calquera persoa interesada, entusiasta de Internet e o 2.0. Salienta no programa a conferencia de apertura a cargo dun dos principais especialistas nesta materia como é Juan Merodio. Nado en 1980, é un dos principais expertos en España en Marketing Dixital e Redes Sociais. Relator habitual en Congresos de recoñecido prestixio internacional así  como profesor das mellores Escolas de Negocio e Universidades. 

2 de decembro de 2013 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.