A Aula CeMIT de Tomiño sumou 190 usuarios no último ano
Durante o ano 2013, a Aula CeMIT do Concello de Tomiño, sumou case 200 novos usuarios, 43 deles no último trimestre. Con esta cifras, son xa máis de 670 as persoas que utilizan os servicios desta aula de informática, dende a súa apertura.
Situada nos locais da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), no Campo da Feira, esta aula da Rede CeMIT, configúrase coma un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar o emprego das chamada novas tecnoloxías, de cara a fomentar a empregabilidade e a competitividade empresarial. Daniel Ozores é o axente responsable da aula, con máis de 40 obradoiros impartidos durante o último ano; entre eles, os de “Iniciación á informática e a Internet”, “Correo electrónico”, “Retoque fotográfico”, “Redes sociais”, “Procura de emprego por internet”, “Ofimática”, etc., cun total de horas impartidas de 426 a 387 participantes, so no ano 2013.
Segundo os datos facilitados polo axente, no 2013, 92 mulleres e 97 homes fixéronse usuarios da aula, cunha media de idade de 40 anos, aínda que as idades das persoas que utilizan os servicios, oscilan entre os 6 e os 83 anos.
A maior parte dos usuarios que se achegan á Aula CeMIT (40%) non teñen coñecementos previos de informática, seguidos dos que coñecen algo, en menor ou maior medida (nivel básico, un 30%; nivel usuario, un 25% e nivel avanzado, un 5%).
A media diaria de usos da aula aberta (uso libre de ordenadores fora das actividades formativas) ascende a 20.
Outras das actividades formativas impartidas foron “Charla sobre seguridade en Internet para menores e pais”, “Uso do DNI electrónico”, “Charla sobre axudas para a conexión de banda ancha vía satélite” e “Iniciativa Miradas de Muller”.
Por último, tamén realizáronse once obradoiros nas parroquias, coa colaboración de diferentes asociacións veciñais (Pinzás, Currás, Vilameán, etc.).