A Asociación de Empresarios de Redondela inaugura a carpa do Nadal con un contacontos
Redondela contará con dúas áreas de ocio, unha na Praza da Casa da Torre que albergará a Carpa do Nadal, entre o 21 de decembro e o 4 de xaneiro, na que todos os clientes poderán acceder de forma gratuíta e poderán deixar aos nenos ao coidado dos monitores e a outra a zona de atraccións se situará na Alameda. Todos os clientes dispoñen de vales de desconto nos establecementos asociados para a atraccións instaladas na Alameda.
Un contacontos inaugurará a programación da Carpa de Nadal na que ademais de obradoiros e xogos contará coa visita de Papá Noel o domingo 22 a partir das 18:00h e o martes 24 a partir da 11:30h para que os mais pequenos poidan entregarlle persoalmente as súas cartas.
Este ano tamén a Alameda de Chapela acollerá unha zona de atracción os días 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 en horario de 10:00 a 14:00h.
Os domingos 22 e 29 de decembro e 5 de xaneiro moitos dos comercios de Redondela permanecerán abertos para facilitar á clientela as compras de Nadal











