publicidade hoxe

A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz presenta a súa Campaña de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz presentou esta mañá a Campaña de Nadal que se celebrarán en Allariz a partir do 5 de decembro.

A Hostalería, coa súa iniciativa “Voltar ten premio” pretende compensar aos clientes a súa fidelidade. Os clientes que desexen participar deben encher unha papeleta cun selo por cada consumición que tomen. Pola consumición de catro produtos no mesmo establecemento o cliente recibirá unha totalmente gratis. Ademais participarán no sorteo de 5 premios de 20€ se completan as casiñas de cinco establecementos da lista e se completan 10 entrarán no sorteo de 10 € para gastar nos establecementos asociados.

Tamén se porá en marcha, en colaboración co Concello de Allariz, entre todos os asociados tanto do comercio como de hostalería un incentivo ao consumo en Nadal. Dende hoxe e ata o día 15 de xaneiro de 2014 os participantes deberán introducir nun sobre todos os xustificantes de compra que se desexe, cun mínimo de 5 establecementos diferentes. O día

17 de xaneiro realizarase o sorte público en Radio Allariz no que se sacarán 5 sobres premiados, os que se lles devolverá o importe dos tíckets ata un máximo de 250 euros que se gastarán nos establecementos asociados a partir do 18 de xaneiro.

5 de decembro de 2013 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.