A asociación Asomamos participa nun proxecto médico da Universidade da Coruña
Asomamos, Asociación de Maiores de Mos, participa no proxecto Verisaúde. Dita iniciativa está promovida pola Universidade da Coruña. O equipo do Doutor Millán, de dita Universidade, formado por psicólogos, traballadores sociais e enfermeiras, desprazouse ata a sede social de Asomamos, onde evaluaron o estado de saúde en canto a memoria, vista, oído, forza, nutrición, etc. dos asociados.
Unha vez analizados, os resultados facilitaránselles de forma confidencial a cada socio.











