A AFAC organiza unha primeira fase dun Campionato de Seleccións Territoriais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

A Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (AFAC) organizará por primeira vez na súa historia, conxuntamente coa Federación Galega de Fútbol (FGF) e a Real Federación Española de Fútbol (RFEF), unha primeira fase do Campionato de Seleccións Territoriais Femininas Sub 16 e Sub 18, que terá lugar na Coruña os días 21 e 22 de decembro de 2013. A selección galega medirase nesta primeira fase coas seleccións de Baleares, Rioxa e Madrid.

O evento deportivo xogarase en dúas sedes: o campo municipal Víctor Fernández Alonso acollerá os encontros de categoría Sub 16 e o complexo deportivo de Elviña os de categoría Sub 18.Os partidos durante os días que dure a competición disputaranse en horario de mañá (Achegar calendario da competición)

4 de decembro de 2013 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.