publicidade hoxe

A AD O Chifre proclámase subcampioa no Torneo de Árbitros celebrado en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O campo da Polvoreira, en Lugo, acolleu o pasado fin de semana o VIN Torneo de Fútbol 7 de Árbitros que organiza a Pena de Árbitros 9,15 de Lugo. Na presente edición a Agrupación Deportiva O Chifre participou con dous equipos e sorte dispar: Coruña A e Coruña B. O equipo A de Coruña non puido pasar de rolda tras compartir fase previa con Valladolid B, Palencia e Lugo Futsal; mentres que Coruña B conseguiu pasar de rolda a pesar de compatir grupo con Valladolid A, Monforte e Vigo (Cabe destacar a goleada aos vigueses por 10-1, o que permitiu aos coruñeses pasar como mellor segundo clasificado aos cuartos de final). Xa en cuartos, os herculinos enfrontáronse a Pontevedra A, vixentes campións da pasada edición, finalizando en empate sen goles o partido. Na quenda de penaltis Coruña B logrou a vitoria. En Semifinais o rival foi Palencia B, que mordeu o po ao perder pola mínima (1-0). Na gran final ante Palencia A, o conxunto herculino desaproveitou unha vantaxe de dous goles a favor para acabar cedendo un empate (3-3). Na quenda de penaltis fornécea nesta ocasión sorriulle a Palencia A, mentres que Coruña tivo que conformarse co subcampeonato.

Composición de equipos:

Coruña A :Ruben Pratas, Edgar, Antolín, Pichel, Alvaro Gil, Varela, Daniel Rama, Carlos e Xabier.

Coruña B: Ruben Reborido, Sergio Bermudez, Marco Gil, Adrian Barros, Julian Brea, Fernando, Fabian, Adrian García e José Luís Amado.

30 de decembro de 2013 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.