70 rapaces participaron na xornada de patinaxe sobre xeo da Laracha

Participantes na xornada sobre xeo
Setenta rapaces da Laracha de idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos participaron hoxe na saída á pista de patinaxe sobre xeo dos xardíns de Méndez Núñez da Coruña organizada polo Concello da Laracha no marco do programa de actividades de Nadal.
Durante toda a xornada os rapaces estiveron acompañados por tres monitores e pola concelleira de Cultura e Deportes, Patricia Bello.
O Concello da Laracha fretou dous autobuses para o desprazamento dos rapaces, que soamente tiveron que abonar o custo da entrada á instalación.











